Nippon Professional Baseball

Nippon Yakyū Kikō
Fundación1950
Rexión Xapón
ComisionadoKatsuhiko Kumazaki
PresidenteRyozo Kato
Equipos12
Actual campiónOrix Buffaloes (5º título)
Máis laureadoYomiuri Giants (22 títulos)
Sitio webnpb.jp

A Nippon Professional Baseball ou NPB (do inglés: Béisbol Profesional Xaponés, en xaponés: 日本野球機構, Nippon Yakyū Kikō), é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Chamada de forma coloquial no Xapón Puro Yakyū, é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas.[1]

Considérase que a orixe de liga está na fundación do "Club de Béisbol do Gran Xapón de Tokio" (大日本東京野球倶楽部, Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu) en 1934 e a Liga Xaponesa de Béisbol orixinal. A actual NPB foi fundada coa reorganización desta última liga en 1950. A competición actual consta de dúas conferencias de seis equipos cada unha: a Central League e a Pacific League. Cada temporada, os equipos gañadores de cada liga compiten nas Series do Xapón, as finais polo campionato da NPB.

  1. "For Players and Agents RE: Playing Baseball in Japan" (en inglés). japanball.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search